Ouro sen cor

OUUUUuuuu... Semellará unha parvada dicir que a auga no país dos galegos ten algún problema e cecais debera centrar este gran de area no Blog Action Day 2010 nos graves problemas que millons dos nosos conxéneres teñen para accederen á este elemento tan esencial coma ignorado.

Pero non; tra-la falsa imaxe de sobre-abondancia que existe respecto da auga en Galicia o certo é que nin nas súas cantidades nin, sobor de todo, nas súas calidades a auga sobra no noso medio.

A principal ameaza para a auga é o consumo irresponsable deste recurso por parte das poboacions e industrias, a súa contaminación cáseque dende as fontes de nacemento por elementos químicos de toda clase tanto os empregados na agricultura como nos fogares ou nas empresas e a falta de rigurosidade á hora do procesado das augas que empregamos. Por outra banda a reiterativa alteración dos cauces de auga superficiais e profundos por obras de infraestructura humana influe negativamente na súa disponibilidade.

Asi que chove si, chove que abonda i enchoupa, pero non sobra.

Outono Morno

OUUUUuuuu... Como un boletín meteorolóxico resultan agora tódolos telexornais con novas de "crispación social" que semellan montaxes documentais.

Tivemos a folga mais 'mansa' da historia da democracia e tamén temos, no bierzo, o tema do Cabrón, perdón Carbón. As traxedias seguen ahí atrás; millons de persoas sen traballo, centos de miles sen protección social (e mais que haberá), xente sen cobrar e que segue traballando e un modelo enerxético sen definir nen reconvertir.

Agás iso hai xente con moito poder que co seu control dos medios e dos concellos e outros poderes conquire que actitudes claramente criminais e estéticas asimilables a "movementos de liberación" pasen como 'xente de ben' que reivindica algo xusto. Non houbo mais que ver cándo remataron as manifestacions: cando o gran señor se asegurou outros catro anos de cobrar subvencions.
Agora pasarán outros catro anos sen prepararse para unha reconversión ineludibel e cando chegue o momento voltarán coa chantaxe de non pagar e sacarán a esta xente á rúa facendolles creer que se pode manter unha industria que non só non ten prezos competitivos senon que ten un alto custe social polas enfermidades que provoca tanto directamente (traballar dentro da mina) como indirectamente (a contaminación) cun balanzo brutalmente negativo si na conta entra a emisión de CO2.
Pero o mais grave é que ningúen resposta á cuestión de ¿para que serviron entón os cartos do plano MINER? Os cursos que se deron, as prexubilacions indiscriminadas, as infraestructuras... seguen entrado novos ás minas porque non saben(?) facer outra cousa, seguen saíndo señores de 45 anos prexubilados que NUNCA baixaron ás galerías, seguen as estradas feitas a ningures. Milleiros de millons DESPILFARRADOS polos derradeiros 4 gobernos do estado nunha sopa boba que non cumple ninguha das súas premisas.

Os convocantes da folga xeral non tiñan 'plano B' e agora co decepcionante balanzo de que ninguén se beneficiou do seu resultado salvo a dereita fuxen cara adiante ó precipicio da historia; menos mal que a lideresa aínda non se atreveu a toma-lo control, pero pouco lle falta a esta nova Tacher do século XXI entón si que imos coñecer ó neoliberalismo atroz e á desprotección social.

O paripé está servido; negociarase certa rebaixa na reforma que haberá que dar por boa e a seguir a caida deste ciclo e a entrada do seguinte desta bicefalea financieira que rexe na sociedade actual.