O tolo que venceu

OUUUUuuuu... O acaecido en Noruega tenme moi preocupado principalmente porque o individuo este conseguiu o que percuraba de verdade que non era asasinar á ex primeira ministra nórdica nin ó cento de persoas  que matou: el quería difusión das súas ideas para que os descontentos co que está a pasar fixesen como él: botarse en brazos da resposta mais doada facendo culpables "ós outros" no canto de tentar troca-lo sistema co que occidente leva gobernando o mundo nos derradeiros 100 anos.

E estao a conquerir non só porque os medios de masas repiten unha e outra vez a súa sarta de mensaxes cacofonicamente senon tamén porque políticos e autoridades escomenzan a falar de tomar medidas e de facer trocos cando a lexislación contra este tipo de inmundicia xa existe.

Seguide dándolle pulo ó que escribiu e teredes 50 mais coidando que ese é o camiño... e facendonos culpables a todos.

Aniversario para aprender i esquecer

OUUUUuuuu... 75 anos van nestes días do desencadeamento dunha traxedia que non tivo parangón na Hª da península ibérica.

Sego a pensar que o límite entre vinganza, revancha e memoria é confuso, non teño claro a utilidade de remexer en certas feridas por parte de quen non as padeceu aínda que sí comprendo que hai que dar terra en lugar apropiado a quen foi vilmente asasinado e abandoado nunha cuneta ou nun foxo.


Podo tentar entende-la teima coa simboloxía do bando que resultou gañador e que represionou durante outros 40 anos a quen non casaba con il, pero dentro duns límites lóxicos e, sobor de todo, prácticos que hai outras prioridades nas que poñer os cada vez mais escasos fondos públicos.

Cecais o peor é que toda esta teima é resultado de certa cobardía de fai 20 ou 30 anos cando a "transición" non significou troco algún e agora non se quere aceptar que é tarde para facer estas contas e que no que hai que centrarse é en que non se consume ese gatopardo evitando a sucesión por razón biolóxica na xefatura do estado... pero igual que hai 20 ou 30 anos quenes tiñan oportunidade, representatividade e poder para falar e facer nin falaron nin fixeron agora os apoltronados de turno calan e non fan; logo virán con "democracias e lerias" o MOMENTO É AGORA.